O SAMAÍN
Os
celtas celebraban esa noite. A fronteira entre o mundo dos vivos e o
dos mortos. Esta era tan fina que os espíritos, por unhas horas,
podían atravesala e volver ao noso mundo. Os humanos tamén podían
ir ao outro lado e había que andarse con moito ollo non fose que se
quedara alí vítima de algún feitizo ou como dicimos nós, dun
"MEIGALLO".
Os
espíritos dos mortos volvían para despedirse dos seus familiares…
acendíanse lumeiradas para lles indicar o camiño, deixábanlles
comida e doces para mantelos contentos e alonxar os maos espíritos e
facíanse ofrendas a Morrigu (raíña dos demos) e a Dagda (deus da
vida e da morte).
En
Galiza este rito ancestral pervive sen axudas oficiais… continúase
practicando aínda que a maior parte das veces sen coñecer a causa,
simplemente por costume…
Os
montes galegos énchense de "Magostos" e fanse receitas de
cabaza.
O
Magosto,unha celebración na que os elementos fundamentais son a
castaña e o lume… entre o lusco-fusco acéndense as lumeiradas
onde se asarán as castañas, ademais a xente leva viño, chourizos,
empanada… e augardente para facer a "QUEIMADA", tampouco
falta a música.
Os
antigos celtas crían que na castaña habitaba a alma do defunto…
por cada castaña que se comía, liberábase unha alma, a celebración
tiña lugar nos montes que eran os seus lugares de culto. A festa era
multitudinaria, ían todos (era obrigatoria), quen non asistía
corría o risco de perder a razón…
O
CONXURO DA QUEIMADA (galego)
Mouchos,
coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e diaños,
espritos das
nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das
manciñeiras.
Podres cañotas furadas,
fogar dos vermes e
alimañas.
Lume das Santas Compañas,
mal de ollo, negros
meigallos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can,
pregón da morte;
fuciño do sátiro e pe do coello.
Pecadora
lingua da mala muller
casada cun home vello.
Averno de Satán e
Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados
dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar
embravecida.
Barriga inútil da muller solteira,
falar
dos gatos que andan á xaneira,
guedella porca da cabra mal
parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que
asemella ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas
escobas,
indose bañar na praia
das areas gordas.
¡Oide,
oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse
no augardente
quedando así purificadas.
E
cando esta brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos
libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do
ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade
que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e
agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen
con nós desta Queimada.