Tradutor

martes, 3 de marzo de 2015

LENDA DA PRIMAVERA


      A Primavera é anunciadora do renacer e con ela asistimos, realmente, a un recomezo do ciclo natural das estacións. A Natureza acorda do letargo a que o someteu o Inverno, marabillándonos cunha mestura de cores – as das flores.
     De entre esas flores, distínguese a prímula. O nome botaninco desta flor vén da palabra latina primula, que significa "a primeira" e indica que esta planta é unha das primeiras que florece na Primavera en certas rexións máis frías. Mais tamén se lle chama "primavera", nome que vé do Latín primo verae que significa "no principio da Primavera".
imagem de prímulas
     Existen varias lendas asociadas a esta flor, pero a que vos imos contar refírese sobre todo a unha variedade espontánea, de cor amarela, cuxas flores fan lembrar un grupo de chaves.
     Segundo a lenda, San Pedro – o guardián da porta do ceo – estaba un día moi tranquilo botando unha soneca, cando ouviu un barullo vindo da porta traseira. Alguén estaba a tentar entrar no ceo por esa porta, en vez de usar a porta de diante, da cal el tiña as chaves.
     Un pouco estrañado, San Pedro ergueuse e foi ver o que pasaba. Mais estaba tan durmido, que as chaves caéronlle das mans e caeron ao chan. Entón –o milagre– as chaves criaron raíz e de aí xurdiu unha linda planta con flores amarelas.
     Como estaba na Primavera e esas foran as primeiras flores en aparecer, chamáronse primaveras ou prímulas. Como se di que nasceram das chaves de San Pedro, nalgúns países existe variantes do nome: na Alemaña chámanse tamén “pequenas chaves do ceo"; na Inglaterra son coñecidas por "flor das chaves" e tamén por "planta de Pedro"; na mitoloxía nórdica, a flor era dedicada á deusa Freya, a Virxe das Chaves, pero cando eses países do norte de Europa transformáronse en cristiáns, o culto foi transferido para a Virxe María e a planta pasou a chamarse "Chaves da Nosa Señora" e tamén "Chaves do Ceo".


DESFRUTEMOS DESTA PRIMAVERA!!