Tradutor

xoves, 19 de decembro de 2013

O APALPADOR
Nalgunhas comarcas da alta montaña do este da Galiza, no Courel, Lóuzara e o Cebreiro; mantíñase até datas moi recentes a tradición do Apalpador, un xigante con oficio de carboeiro, que, no Nadal, baixaba das devesas onde moraba para as aldeas, coa intención de apalpar as barrigas dos nenos e das nenas para comprobar se estaban ben mantidas. O Apalpador vixiaba que vivisen con fartura, desexáballes que no vindeiro ano continuasen a non pasar fame, e deixáballes unha presa de castañas quentes como agasallo e lembranza da súa visita.





Posibelmente esta antiga tradición do Apalpador sexa un dos máis antigos vestixios da nosa cultura. E como parte dun patrimonio ameazado debemos obtar por mantelo e actualizalo.


Deixemos que sexa un galego, un honesto e trabalhador carboeiro, quen veña cos presentes para as nosas casas, e que as castañas de antano sexan acompañadas por outros bens que a súa xenerosidade de seguro lle permite doar.