Tradutor

luns, 14 de decembro de 2015

O DEREITO A SER PERSOAS


O día 10 de decembro celébrase o Día dos Dereitos Humanos. É un día no que se recorda que todos somos iguais e temos os mesmos dereitos.
Os dereitos humanos son aquelas liberdades e dereitos básicos que toda persoa posúe polo mero feito da súa condición humana, a garantía dunha vida digna; sen importar a etnia ou nacionalidade da que procedas. Dende un punto de vista máis relacional, definíronse como as condicións que entre a persoa e a sociedade, que permita á xente ser libre baixo a norma de:”A túa liberdade remata onde comezan os dereitos doutros". Estes dereitos, habitualmente, defínense como inherentes á persoa, é dicir que non poden transmitirse, transferirse ou renunciar a eles: ninguén, por exemplo, pode venderse como escravo .Por definición, este concepto de dereitos humanos é universal e igualitario.
Por desgraza hoxe en día hai países nos que aínda non se aplicaron os dereitos máis básicos como a liberdade e igualdade, non obstante existen ONG´s  que loitan polos dereitos humanos e por unha vida máis xusta.
Eu estou a prol da loita polos dereitos humanos, ti o estás?









Texto: Pablo Otero e a clase de 2º ESO “D”
Debuxo: Iker Seoane